Internet Segura for Kids



"Internet Segura for Kids" (IS4K) é o Centro de Seguridade en Internet para Menores, impulsado polo Ministerio español de Enerxía, Turismo e Axenda Digital, a través da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e Axenda Dixital e do Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE).

Este centro ten como obxectivo sensibilizar e asesorar a menores e o seu contorno co fin de que poidan aproveitar as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías sen correr ningún risco.

Ademais teñen dispoñible unha liña de axuda, gratuíta e confidencial, para casos de menores relacionados con tecnoloxía (dependencia, ciberacoso/bullying, sexting, dúbidas, prevención, comportamento...).

                                                        Tfno: 900 116 117

E non só para menores: tamén para nais e pais/titores e educadores (virus, contidos inapropiados, privacidade/identidade...).

Botádelle unha ollada á páxina web porque ten información moi interesante:

Internet Segura for Kids

Ningún comentario: