Xornada de Formación de ANPAS

A Confederación ANPAS GALEGAS está a organizar unha Xornada de Formación de ANPAS que terá lugar o próximo sábado, 6 de abril en Ferrol, no Ateneo, Rúa Magdalena 202-204.
Falarase de libros obrigatorios, de fiscalidade, seguros, problemas que compartimos, normativas, etc.durante a mañá, e logo pola tarde terá xa unha compoñenente diferente, cunha charla sobre a igualdade real, e unha actuación das poetas AldaoLado, para pechar con humor un día de traballo.

Se vos interesa podedes inscribirvos no correo fanpaferrolterra@gmail.com, ou chamando aos teléfonos 610 616 968 ou 600 699 293. Indicádenos se precisades utilizar a ludoteca que estará aberta de balde durante a xornada.
A programación pódese consultar premendo aquí.

Campamentos do Concello para Semana Santa

 La imagen puede contener: texto


O Concello de Ferrol abre hoxe o prazo de inscrición para os campamentos Peque Educa en Igualdade de Pascua. Serán do 15 ao 17 de abril e o período de inscrición será do 1 ao 5

Hai un total de 90 prazas, 50 para os campamentos da zona urbana e 40 da rural, e están dirixidos a nenas/os de 3 a 13 anos empadroadas/os en Ferrol. 
O arquivo de solicitude pode descargarse nesta ligazón: www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnuncios

Menús abril 2019


Bos días!
Premendo nestas ligazóns podedes consultar os menús de abril no comedor da escola:

 
 
- XANTAR (dieta)