Entrega libros BANCO SOLIDARIO ANPA

Bo día!

O vindeiro luns 2 de setembro entregaranse os libros do banco solidario da ANPA. Será no local da ANPA (patio de infantil) no seguinte horario:

  • de 10 a 11 h entregaranse os libros a aquelas persoas que recibiron algún libro do banco de libros da Xunta de Galicia; tentaremos completar os que lles falten cos libros que teñamos nós.
  • de 11 a 12 h entregaranse o resto de libros que nos queden, por estrita orde de chegada

Tiñamos pensalo facelo en dous días distintos, pero é imposible.


Un saúdo!