REUNIÓN DA ANPA COA CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN
Ferrol, 18 de febrero de 2015.
Mañá, xoves 19 de febreiro de 2015, representantes da Anpa do CEIP Cruceiro de Canido celebrarán unha reunión, no Concello de Ferrol, coa Concelleira de Educación para tratar o tema da falla de recursos do programa PROA. Esta falla de recursos obrigou a varios centros deste concello a rexeitar o desenvolvemento do programa, ante a negativa da Consellereía de Educación da Xunta de Galicia de aportar o profesorado necesario.
Na reunión, as representantes da Anpa explicarán a situación do noso centro e solicitarán a axuda da Concelleira para conseguir que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia aporte os medios necesarios para que o alumnado afectado poida desfrutar do programa ao que ten dereito.
Agradecemos a difusión desta comunicación.
Un saúdo.
--