CONCURSO DEBUXOS DE NADAL

Xa estamos a recibir os primeiros debuxos para o concurso!😊
Lembrade que:
 
  • hai 360 € en premios! 9 vales de 25 € e outros 9 vales de 15 € 😁
  •  é un concurso aberto a todo o alumnado do CEIP Cruceiro de Canido (unha participación por nena/o)
  • non esquezades escribir o nome e o curso cando enviedes o debuxo a anpa.cruceirodecanido@gmail.com
  •  O PRAZO REMATA O DÍA 18 DE DECEMBRO!
 


Caso no CEIP

 Lamentablemente, hoxe temos esta noticia na prensa

"se ha detectado un caso de coronavirus entre el alumnado de una clase del ciclo de Primaria del CEIP Cruceiro de Canido, según ha podido confirmar este periódico. En este caso, Sanidade no ha considerado necesario tomar ninguna medida —ni el cierre del aula ni el aislamiento de profesores o alumnos—, puesto que la persona afectada lleva sin acudir a clase varios días". 

Deixamos aquí a versión do 10 de setembro da Guía de actuación ante la aparición de casos de COVID-19 en centros educativos na que se explica con detalle o procedemento a seguir cando aparecen casos.

E tamén a última modificación do PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_centros_16_09_2020.pdf

PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 NO ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS PARA O ÁMBITO EDUCATIVO: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_diversidade_16_09_20.pdf

E PROTOCOLO DE PREVENCIÓN DA TRANSMISIÓN DA COVID-19 NOS COMEDORES DOS CENTROS EDUCATIVOS NON UNIVERSITARIOS: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protocolo_comedores_16_09_20.pdf



HORARIOS DEFINITIVOS

 Xa están os horarios definitivos na web do cole

HORARIO DÍA 10 DE SETEMBRO
O horario será o mesmo que o resto do curso exceptuando os de 3 anos que están en período de adaptación.

PATIO INFANTIL
3 ANOS A : Grupo 1.... 9:15-10:15 Grupo 2.... 10:25-11:25
3 ANOS B: Grupo 1.... 9:15-10:05 Grupo 2.....10:25-11:15
4 ANOS A... 9:00-13:40
4 ANOS B....9:00-13:30

ENTRADA DOUTOR FLEMING
O horario será o mesmo que o resto do curso. Non se formarán filas nas entradas, cada alumno/a subirá á súa aula onde estará o seu titor/a esperando.
3ºA...8:50-13:30
3ºB...8:50-13:30
2ºA...8:50-13:35
2ºB...8:50-13:35
1ºA...8:50-13:40
1ºB...8:50-13:40

HORARIO DO DÍA 11
O mesmo que o do resto do curso pero entrando todos os cursos de infantil e primaria. Os de 3 anos seguirán co horario establecido no período de adaptación
PATIO INFANTIL
3 ANOS A : Grupo 1.... 9:15-10:15 Grupo 2.... 10:25-11:25
3 ANOS B: Grupo 1.... 9:15-10:05 Grupo 2.....10:25-11:15
4 ANOS A... 9:00-13:40
4 ANOS B....9:00-13:30

ENTRADA DOUTOR FLEMING
O horario será o mesmo que o resto do curso. Non se formarán filas nas entradas, cada alumno/a subirá á súa aula onde estará o seu titor/a esperando.
3ºA...8:50-13:30
3ºB...8:50-13:30
2ºA...8:50-13:35
2ºB...8:50-13:35
1ºA...8:50-13:40
1ºB...8:50-13:40

4ºC...8:50 -13:45
4ºB, 4ºA...8:50 -13:50
5ºB, 5ºA ... 8:50-13:55
6ºB, 6ºA ... 8:50-14:00

Consello Escolar municipal (08/09/2020)

 

Mañá, 8 de setembro 2020, hai Consello Escolar municipal no Concello de Ferrol. A nosa anpa estará representada por membros na Federación de anpas.

Déixovos por aquí algo máis de información tirada do decreto que regula estes consellos escolares (e que podedes consultar na ligazón):

Os Consellos Escolares municipais están concebidos como pezas básicas e
fundamentais para unha eficaz instrumentalización da participación da comunidade escolar. Así,
cos Consellos Escolares municipais procúrase a máis ampla participación social, e sulíñase
a representatividade dos protagonistas directos da acción educativa para asegura-la fluidez de
comunicación cos Consellos Escolares de centros e acadar, por outra banda, un alto nivel de
interlocución co poder municipal.


1. Nos concellos de máis de 25.000 habitantes o Consello Escolar municipal terá a
seguinte composición:

1.1. O alcalde ou membro da Corporación en que delegue, que será o presidente.

1.2. Dez profesores dos niveis educativos correspondentes ó ámbito do ensino non
universitario de Galicia propostos por sindicatos ou asociacións profesionais proporcionalmente
á representación obtida nas eleccións sindicais do sector docente, no municipio, distribuídos
da seguinte forma:

1.2.1. Seis do ensino público.

1.2.2. Catro do ensino privado.

1.3. Seis pais de alumnos propostos pola federación de asociacións de pais de alumnos.

1.4. Catro alumnos elixidos polos representantes do s alumnos en Consellos Escolares

dos centros existentes no municipio.

1.5. Dez membros elixidos segundo o que dispoña a Corporación municipal, de acordo

co establecido no artigo 16.1.b) da Lei do Parlamento de Galicia 3/1986, do 18 de decembro.

2. Se no municipio non houbese centros privados, o número de profesores pasará a

incrementa-lo número de representantes do ensino público.

Inicio do curso: horarios días 10 e 11 de setembro

Este ano o inicio do curso repártese en dos días. Premede aquí para consultar os horarios dos días 10 e 11 de setembro.

IMPORTANTE: Os que comezan o día 10 (xoves) non volven ata o día 14 (luns)

 

Para o día 10 de setembro hai convocada unha folga de profesorado. A escola garante servicios mínimos, pero queremos que saibades que existe a posibilidade de que levedes os nenos/as e que os teñades que levar de volta para a casa se falta o profesor ou profesora. Isto é porque, segundo o protocolo da escola, xa que é imposible manter as distancias de seguridade nas aulas, este ano haberá 19 grupos estables que non se poden mesturar. Polo tanto, se non hai profesores suficientes para eses grupos (debido a que se acollan ao seu dereito a folga), os rapaces non poderán quedar na escola. 

Aínda que dende a ANPA apoiamos a protesta do profesorado porque sabemos o único que esixen é que se garanta a seguridade de toda a comunidade educativa (con dotación económica, baixada de ratios, aumento de persoal docente, habilitación de locais municipais para a docencia no caso de que fora necesario, etc.), cremos que non é o momento máis acertado para unha folga.

REUNIÓNS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS na escola

 Xa podedes consultar os horarios das reunións na páxina web do cole.

REUNIÓNS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS

 PRIMARIA (no salón de actos)

 

LUNS            09:00              6ºA

(7 set)             10:00              6ºB

                       11:00              5ºA

                       12:00              5ºB

                       13:00              4ºA

 

MARTES      09:00              4ºB

(8 set)             10:00              4ºC

                       11:00              3ºA

                       12:00              3ºB                    

                       13:00              2ºA

 

                       16:00              2ºB

                       17:00              1ºA

                       18:00              1ºB

INFANTIL (no patio de infantil)

LUNS            09:00              6ºA

(7 set)             10:00              6ºB

                       11:00              5ºA                    

                       12:00              5ºB

MARTES      10:00              4ºA

(8 set)             12:00              4ºB

 

 Cada reunión durará trinta minutos. Ao remate de cada unha o titor/a será o responsable de ventilar e desinfectar.