XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE


Bo día:

A Secretaría Xeral da Igualdade organiza a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.
Premendo aquí podedes consultar o programa (da provincia da Coruña) das xornadas: PROGRAMA
Tamén contará cun servizo de atención a menores  baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

Para intentar facilitar a asistencia ás familias, ó profesorado e o público en xeral, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:
  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
  • LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
  • PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
  • OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)
 Podedes solicitar máis información no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312.