Escola de Familias Concello de Ferrol

 

O Concello de Ferrol abre o prazo de inscrición para o primeiro módulo da Escola de Familias, que abordará a prevención das adicións e os riscos das novas tecnoloxías.
 
✏️ Para quen? familias con fillos de entre 12 e 18 anos
📌 Onde? Edificio Social da rúa Sánchez Barcáiztegui.
⏰ Cando? os mércores 10, 17 e 24 de novembro e o 1, 15 e 22 de decembro en horario de 17 a 18.30 horas
As familias interesadas xa poden anotarse, antes do 5 de novembro, a través do correo electrónico prevencionasfedro@gmail.com indicando nome e apelidos, número de fillos e a súa idade, teléfono de contacto e dirección de correo. 
 
Ao longo de todo o curso escolar desenvolveranse outros dous módulos para pais/nais, un dedicado á educación na diversidade e outro sobre sexualidade.