Horario local da anpa

Bos días!

Lembrámosvos que por mor do peche do patio de infantil para o remate das obras no exterior do edificio, non poderemos abrir o local esta semana.

Para calquera cousa que precisedes, enviade un correo electrónico a anpa.cruceirodecanido@gmail.com

Moitas grazas

Nova empresa colaboradora: Papelería DAR

Seguimos ampliando a lista de empresas locais que colaboran coa nosa anpa ofrecendo vantaxes e descontos (5 % libros de texto e material escolar) para as familias asociadas.

Damos a benvida á Papelería DAR, en Esteiro. Unha empresa que leva máis de 25 anos traballando para ofrecernos libros de texto, artigos de regalo, artigos de papelería, material escolar, bestsellers e moito máis. 

Moitas grazas!

Campamentos Peque-educa Nadal do Concello de Ferrol


Boa tarde!

O Concello de Ferrol levará a cabo o programa de conciliación Peque-educa Nadal os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2019, e os días 2 e 3 de xaneiro de 2020. 

Os horarios serán:
  • Horario ordinario: De 9:30h a 13:30h 
  • Horario ampliado: De 8:30h a 14:30h

O prazo de inscrición será dende o 2 ao 9 de decembro
A adxudicación das prazas farase por rigorosa orde de inscrición.

Requisitos imprescindibles dos menores destinatarios/as dos programas: ter unha idade comprendida entre os 3 e os 13 anos, (deben ter cumpridos os 3 anos antes do 23 de decembro e non ter cumpridos os 14 antes do 4 de xaneiro de 2020) e estar empradoados no Concello deFerrol, agás os/as menores acollidos/as por familias do Concello de Ferrol.  

Tedes toda a info AQUÍ 

Para descargar a solicitude campamentos Peque-educa Nadal 2019 (pulsa AQUÍ)

Horario local anpa decembro 2019

 
Este mes de decembro abriremos o local no seguinte horario:


LUNS DÍA 2 E MÉRCORES DÍA 4, DE 9:00 A 9:15
XOVES DÍA 5, DE 13:55 A 14:10

LUNS DÍA 9 E MÉRCORES DÍA 11, DE 9:00 A 9:15
XOVES DÍA 12, DE 13:55 A 14:10

LUNS DÍA 16 E MÉRCORES DÍA 18, DE 9:00 A 9:15
XOVES DÍA 19, DE 13:55 A 14:10