FORMULARIOS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019-2020

Ola!

Deixámosvos por aquí a información e os enlaces aos formularios online para solicitar praza nas actividades extraescolares do próximo curso.

As actividades extraescolares que se levarán a cabo no CEIP Cruceiro de Canido durante o curso 2019-2020 serán financiadas polo Concello de Ferrol e desenvolveranse en horario de 16 a 18 horas. Teñen un aforo mínimo de 10 alumnos e máximo de 20, excepto Percusión tradicional e Debuxo e manualidades (15 máx). As actividades que non acaden o aforo mínimo non se levarán a cabo e aquelas que o superen presentarán lista de espera.
A asignación de actividades realizarase por orde alfabética da inicial do primeiro apelido do/da solicitante, segundo a letra seleccionada pola Xunta para a asignación de matrículas (EC para o primeiro apelido e UP para o segundo)
Asignaranse primeiro as actividades elixidas como primeira opción e, no caso de que queden prazas libres nesta primeira volta, asignaranse aos alumnos que a escolleran de segunda opción, dando prioridade sempre a aqueles alumnos que quedaran sen actividade.
Para solicitar actividades extraescolares haberá dúas opcións (preferible a online):

1 . ONLINE, cubrindo os seguintes formularios:
2. EN PAPEL, cubrindo a solicitude (entregada aos nenos no cole), CON LETRA MAIÚSCULA, indicando as actividades en orde de prioridade.

Se escolledes a opción online e tedes algún problema, escribídenos a anpa.cruceirodecanido@gmail.com e trataremos de resolvelo.
 Entregade a solicitude online ou en secretaría ata o 20 de xuño. (Alumnado de novo ingreso, entregar coa matrícula).     
AS SOLICITUDES SEN DATOS DE CONTACTO NON SERÁN ADMITIDAS (Teléfono ou -e-mail). O email utilizarase exclusivamente para comunicacións relativas ás actividades.


INFANTIL:
Debuxo e manualidades (15 prazas): mércores
Xogos cooperativos (20 prazas): martes
Patinaxe (20 prazas): luns          
Percusión tradicional (15 prazas): xoves        

PRIMARIA:

Hip Hop: 1.º, 2.º e 3.º (20 prazas): luns
Hip Hop: 4.º, 5.º e 6.º (20 prazas): xoves
Baile Moderno: 1.º, 2.º e 3.º (20 prazas):martes
Baile Moderno: 4.º, 5.º e 6.º (20 prazas):luns  
Baloncesto (20 prazas):mércores
Patinaxe (20 prazas): xoves 
Teatro (20 prazas): mércores 
 
 MOI IMPORTANTE: A presentación desta solicitude implica o compromiso de participar na actividade en caso de ser asignada. A renuncia á actividade deberase realizar por e-mail a anpa.cruceirodecanido@gmail.com ou por escrito na Secretaría do Centro. (No caso de non participar na actividade e non presentar a renuncia por escrito implicará quedar na lista de espera das actividades extraescolares no seguinte ano académico 2020-2021).


Ningún comentario: