Información sobre as medidas tomadas pola ANPA en relación ao Banco de Libros da Xunta

Boa tarde:

En relación coa problemática do Banco de Libros de 3º e 5º e a problemática das deficiencias nas baremacións, levamos a cabo dúas medidas:

- Presentar ante o Inspector educativo de zona dous escritos dirixidos ao Xefe Territorial, onde expoñemos a nosa disconformidade coa súa actuación respecto ás problemáticas mencionadas.

- Enviar unha nota de prensa aos medios de comunicación e aos partidos políticos da nosa cidade, convocándoos a unha rolda de prensa, o xoves 14 de xullo ás 12:00 h. en Sargadelos.

Solicitamos a vosa asistencia para apoiar estas iniciativas e facer forza de cara a conseguir unha solución satisfactoria para todas e todos.

Moitas grazas.

A ANPA do CEIP Cruceiro de Canido
 
___________________________________________
Representantes da ANPA do Cruceiro de Canido (Ferrol)


**De conformidade ao disposto na O 15/1999 de Datos de Carácter persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal recollidos neste documento forman parte dun fichero, propiedade da ANPA CRUCEIRO DE CANIDO, cuxa finalidade é atender a xestión solicitada. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, segundo o disposto na lei, poñéndose en contacto con nós no enderezo electrónico anpa.cruceirodecanido@gmail.com.

Agradécese a difusión desta mensaxe a tódolos posibles interesados.