Baile nais e pais

Ola a todos e todas:


Poñemos no voso coñecemento que unha das nais propón organizar un baile SORPRESA , "un flashmob", co fin de sorprender aos nenos e nenas e pasar un rato agradable.


Será no festival de primaria o martes 21 de xuño, aproveitando que os nenos e as nenas de infantil tamén estarán alí.


Os interesados en participar neste baile de pais e nais para fillos e fillas poden acudir a practicar os días:


- Mércores 7, ás nove da maná, depois de que entren os nenos/as.


- O luns 13 e o mércores 15, ás nove da mañá; e o martes 14, ás catro e media da tarde.


Un saúdo.


--
___________________________________________
Representantes da ANPA do Cruceiro de Canido (Ferrol)


**De conformidade ao disposto na O 15/1999 de Datos de Carácter persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal recollidos neste documento forman parte dun fichero, propiedade da ANPA CRUCEIRO DE CANIDO, cuxa finalidade é atender a xestión solicitada. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, segundo o disposto na lei, poñéndose en contacto con nós no enderezo electrónico anpa.cruceirodecanido@gmail.com.

Agradécese a difusión desta mensaxe a tódolos posibles interesados.