Convocatoria de huelga general en la enseñanza


 Como saberedes a PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO (da que esta Federación forma parte) , o SINDICATO DE ESTUDANTES e a CEAPA (Confederación española de Asociaciones de madres y padres de alumn@s) convocan FOLGA NO ENSINO en TODOS os niveis educativos (primaria, secundaria e universidade) e a toda a comunidade educativa (alumnas/os, nais/pais e docentes) para o vindeiro xoves día 9 de marzo.

Na Asemblea Ordinaria celebrada por esta Federación o pasado día 22 de febreiro, acordamos secundar a folga e CONVOCAR a TODAS AS FAMILIAS para que secunden a mesma NON levando as nosas fillas e fillos á escola ese día, e participando na MANIFESTACIÓN convocada.
-- Un saludo.
___________________________________________
Representantes da ANPA do Cruceiro de Canido (Ferrol)


**De conformidade ao disposto na O 15/1999 de Datos de Carácter persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal recollidos neste documento forman parte dun fichero, propiedade da ANPA CRUCEIRO DE CANIDO, cuxa finalidade é atender a xestión solicitada. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, segundo o disposto na lei, poñéndose en contacto con nós no enderezo electrónico anpa.cruceirodecanido@gmail.com.

Agradécese a difusión desta mensaxe a tódolos posibles interesados.