RESUMO/INFORMACIÓN ABALAR MÓBIL

Bo día,
para aquelas persoas que non acúdichedes á reunión onformativa sobre a aplicación Abalar Móbil, enviámosvos este pequeno resumo.

A aplicación Abalar Móbil é unha ferramenta para facilitar a comunicación entre as familias e o centro.
Con esta aplicación podremos:
- acceder ás calificacións dos nosos fillos/as.
- informar/xustificar as fallas de asistencia.
- consultar as fallas de conducta.
- consultar incidencias.
- solicitar titorías.
- recibir avisos e notificacións do centro.

A día de hoxe, o centro xa habilitou os números de teléfonos dos pais e nais, de xeito que poidamos acceder á aplicación pero, dado que o sistema acaba de implantarse, queda agora que cada titor/a vaia introducindo e habilitando as diferentes funcionalidades da aplicación.

Para poder acceder á aplicación so tedes que dispoñer dun smartphone (se usades o WhatsApp no teléfono, quere dicir que xa é válido).

Entrades na "Play Store" ou na "App Store" (para Iphone), buscades a "Abalarmóbil" e descargades a aplicación.

Para utilizala so tedes que seguir as instruccións.

Comprobade, unha vez que teñades a aplicación, que a información relativa aos nenos e nenas é correcta (enderezo, teléfonos, etc). En caso de conter algún erro, informade á Dirección do Centro para que o corrixan.

Adxuntamos a guía que ofrece a Xunta para facilitar a descarga do programa.

Un saúdo.

--
___________________________________________
Representantes da ANPA do Cruceiro de Canido (Ferrol)


**De conformidade ao disposto na O 15/1999 de Datos de Carácter persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal recollidos neste documento forman parte dun fichero, propiedade da ANPA CRUCEIRO DE CANIDO, cuxa finalidade é atender a xestión solicitada. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, segundo o disposto na lei, poñéndose en contacto con nós no enderezo electrónico anpa.cruceirodecanido@gmail.com.

Agradécese a difusión desta mensaxe a tódolos posibles interesados.