Banco de libros da ANPA (cursos 3º, 4º, 5º e 6º de primaria) 2018-2019

Como xa informamos na circular repartida ó alumnado, os días 20, 21 e 22 de Xuño recollimos, no local de ANPA, tanto as devolucións dos libros prestados no curso 2017-2018 como as novas doazóns.
Pasados eses días, se a alguén aínda ten que devolver algún libro ou se quere doar libros, pode poñerse en contacto con nós a través do email (anpa.cruceirodecanido@gmail.com) e buscaremos un momento para recollelos.

Cando saibamos a listaxe definitiva do banco de libros da Xunta colgaremos no blog a data da entrega dos libros aos pais. Asemade, os socios da ANPA recibirán un correo cas devanditas datas.

A entrega dividirase en dous días:

O primeiro día deberán acudir aqueles pais que recibiran 4 libros do banco de libros da Xunta, e tentaremos completar os libros que lles falten cos existentes no noso banco.

Ao día seguinte entregaranse os libros que quedaran sen entregar o día anterior, e estará aberto a todos os demáis alumnos do centro. Notificaremos a través do blog se queda algún libro por repartir para este segundo día.

Tanto o primeiro día como o segundo, a entrega realizarase por rigurosa orde de chegada.

Os libros que se entreguen deberán ser devoltos á ANPA en bo estado ao rematar o curso 2018/2019.

Menú Outubro 2018


Menús Outubro 2018 CEIP Cruceiro de Canido
(Fai clic nas ligazóns para consultar os menús)

PROXECTO SIRENA