BANCO DE LIBROS SOLIDARIO DA ANPA

Dende a ANPA querémosvos informar das medidas que imos levar a cabo para o banco de libros da ANPA.
Este ano 5º e 6º teñen libros electrónicos, así que o banco limitarase á entrega de libros de 3º e 4º, pero a ANPA recollerá todos aqueles libros de 3º, 4º e 6º que, non tendo que devolvelos ao banco da Xunta, os pais decidan doar voluntariamente ao da ANPA. Lembramos que os libros do banco da Xunta teñen outra canle de recollida, a través do colexio.
As devolucións de todos os libros prestados este curso (tamén os de sexto curso) e as novas doazóns recolleranse os días 26 e 27 de xuño en horario de 11:00 a 12:00 no local da ANPA. Se a alguén lle é imposible ir ao local nese horario, pode poñerse en contacto con nos a través do email para ver se podemos buscar un momento para recollelos.

Cando saibamos a listaxe definitiva do banco de libros da Xunta colgaremos no blog a data da entrega dos libros aos pais (que será en setembro) e enviaremos un correo electrónico aos socios da ANPA.
A entrega dividirase en dous días: o primeiro día deberán acudir aqueles pais que recibiran 6 ou 4 libros do banco de libros da Xunta, e tentaremos completar os libros que lles falten cos existentes no noso banco. Ao día seguinte entregaranse os libros que quedaran sen entregar o día anterior e estará aberto a todos os demais alumnos do centro. Tanto o primeiro día como o segundo, a entrega realizarase por rigurosa orde de chegada.
Os libros que se entreguen deberán ser devoltos á ANPA en bo estado ao rematar o curso 2019/2020
Por outro lado, queríamos informarvos de que os alumnos de 6º que pasen ao IES Ferrol Vello que queiran dispoñer dos libros do seu banco de libros para 1º da ESO, deben poñerse en contacto, ben coa secretaría dese centro, ben coa ANPA do IES.

Ningún comentario: