O vindeiro mércores 12 de xuño terá lugar no salon de actos do CIFP Ferrolterra ás 18:00h a 20:00h unha charla impartida por Miriam Fernández Barreiros sobre atención a alumnado con altas capacidades.
Miriam Fernández Barreiros é Licenciada en Psicoloxía, actualmente investigadora en etapa predoutoral no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidad de Santiago de Compostela (USC). Experta en altas capacidades, membro da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela e coordinadora do Programa de Enriquecemento para nenos e nenas de Altas Capacidades ASAC-USC-GALICIA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario