SOLICITUDE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-2018

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2017-2018

Ferrol, 30 de Maio de 2017.

As actividades extraescolares que se levarán a cabo no CEIP Cruceiro de Canido durante o curso
2017-2018 serán financiadas polo Concello de Ferrol e desenvolveranse en horario de 16 a 18 horas. Teñen un aforo mínimo de 10 alumnos e máximo de 20, excepto Iniciación á música e Xardíns e semilleiros (15 máx). As actividades que non acaden o aforo mínimo non se levarán a cabo e aquelas que o superen presentarán lista de espera.


Os nenos de 4º de educación infantil comezarán as actividades en Xaneiro. Os pais que consideren  que o seu neno pode comezar sen ningún problema de adaptación as actividades en Outubro deberán comunicalo, ben á anpa en anpa.cruceirodecanido@gmail.com ou en dirección.

A asignación de actividades realizarase por orde alfabética da inicial do primeiro apelido do/a solicitante, segundo a letra seleccionada pola Xunta para a asignación de matrículas.

Asignaranse primeiro as actividades elixidas como primeira opción e, no caso de que queden prazas libres nesta primeira volta, asignaranse aos alumnos que a escolleran de segunda opción, dando prioridade sempre a aqueles  alumnos que quedaran sen actividade.

Para solicitar actividades extraescolares deberedes cubrir un dos seguintes formularios, dependendo do curso do alumno.




Se tedes algún problema, escribídenos a anpa.cruceirodecanido@gmail.com e trataremos de resolvelo.

- Os formularios deberán ser cubertos ANTES DO 30 DE XUÑO

AS SOLICITUDES SEN DATOS DE CONTACTO NON SERÁN ADMITIDAS (Teléfono e/ou mail). O email será utilizado exclusivamente para comunicacións relativas ás actividades.

MOI IMPORTANTE: A presentación desta solicitude implica o compromiso de participar na actividade en caso de ser asignada. A renuncia á actividade deberase realizar por correo electrónico a anpa.cruceirodecanido@gmail.com ou por escrito na Secretaría do Centro. En caso de non participar na actividade e non presentar a renuncia por escrito implicará quedar na lista de espera das actividades extraescolares no seguinte ano académico 2018-2019.

ACTIVIDADES OFERTADAS


EDUCACIÓN INFANTIL
Xardíns e semilleiros (15 prazas): mércores
Xogos cooperativos (20 prazas): martes
Patinaxe (20 prazas): luns
Iniciación á música (15 prazas): xoves

  
EDUCACIÓN PRIMARIA
Hip Hop 1º, 2º e 3º (20 prazas): luns
Hip Hop 4º, 5º e 6º (20 prazas): xoves
Baile Moderno 1º, 2º e 3º(20 prazas): martes
Baile Moderno 4º, 5º e 6º (20 prazas): luns
Baloncesto (20 prazas): mércores
Patinaxe (20 prazas): xoves
Teatro (20 prazas): mércores

AXUDAS A LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Ola a todos os socios/as:

Adxuntamos enlace á ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.




Un saudo

MAXIA NO COLE



- O vindeiro 10 de Maio en horario lectivo, os nenos e nenas do cole disfrutarán da actuación do mago Benxamín solicitado pola Anpa a través do programa Alicerce da rede cultural da Xunta.
QUE VIVAN A IIUSIÓN DA MAXIA.

Un saúdo a Anpa do Ceip Cruceiro de Canido.