BOLSAS DE AXUDA Á ESCOLARIZACIÓN. CONCELLO DE FERROL

Adxuntamos as bases reguladoras para a concesión de axudas á escolarización para o curso 2017-2018 do Concello de Ferrol.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 11 de Xullo.


Un saudo.

BANCO DE LIBROS SOLIDARIO ANPA

Dende  a ANPA querémosvos informar das medidas que imos levar a cabo para o banco de libros da ANPA.

 Como sabedes só se pode facer  en dous cursos, 4º e 6º de primaria, xa que 1° e 2° son con cheque e consideranse funxibles,  e  3° e 5°  débense devolver na súa totalidade ó colexio.

Por todo  isto a ANPA recollerá aqueles libros de 4° e 6° que, non tendo que devolvelos ao banco da Xunta, os pais decidan doar voluntariamente ao da ANPA. Lembramos que os libros do banco da Xunta teñen outra canle de recollida, a través do colexio.

As doazóns recolleranse os dias 26, 27, 28 e 29 de Xuño en horario de 10:00 a 11:00 no local da ANPA. Se a alguén lle é imposible ir ao local nese horario, pode poñerse en contacto con nos a través do email para ver se podemos buscar un momento para recollelos.

Cando saibamos a listaxe definitiva do banco de libros da Xunta colgaremos no blog a data da entrega dos libros aos pais. Asemade, os socios da ANPA recibirán un correo cas devanditas datas.

A entrega dividirase en dous días:

O primeiro día deberán acudir aqueles pais que recibiran 6 ou 4 libros do banco de libros da Xunta, e tentaremos completar os libros que lles falten cos existentes no noso banco.

Ao día seguinte entregaranse os libros que quedaran sen entregar o día anterior, e estará aberto a todos os demáis alumnos do centro. Notificaremos a través do blog se queda algún libro por repartir para este segundo día.

Tanto o primeiro día como o segundo, a entrega realizarase por rigurosa orde de chegada

Os libros que se entreguen deberán ser devoltos á ANPA en bo estado ao rematar o curso 2017/2018

Por outro lado, queríamos informarvos de que os alumnos de 6º que pasen ao IES Ferrol Vello que queiran dispoñer dos libros do seu banco de libros para 1º da ESO, deben poñerse en contacto, ben coa secretaría dese centro, ben coa ANPA do mesmo.



A Xunta directiva da  Anpa do CEIP Cruceiro de Canido

Becas comedor 2017-2018

No seguinte enlace podedes acceder ás bases reguladoras das becas de comedor escolar do Concello de Ferrol para o curso 2017-2018.

O prazo de presentación das solicitudes remata 15 días despois da publicación destas bases.


Un saudo.