Formación para familias

 

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS ofrécennos formación para familias.

O vindeiro martes día 23 de novembro: "𝑫𝒊𝒗𝒆𝒓𝒔𝒊𝒅𝒂𝒅𝒆 𝒇𝒂𝒎𝒊𝒍𝒊𝒂𝒓 𝒆 𝒂𝒄𝒉𝒆𝒈𝒂𝒔 𝒑𝒂𝒓𝒂 𝒄𝒐𝒏𝒔𝒕𝒓𝒖𝒊𝒓 𝒂 𝒊𝒈𝒖𝒂𝒍𝒅𝒂𝒅𝒆".


Para as familias de primaria será ás 17.30 horas


Para as familias de secundaria será ás 19.00 horas


Podedes inscrivirvos nesta ligazón 👇
https://docs.google.com/.../1FAIpQLSfCTBCPJ_6.../viewform...
 

A charla corre a cargo de Feitoría Verde unha cooperativa sen ánimo de lucro dedicada á educación.


Puede ser un dibujo animado de 2 personas y texto que dice "Charla: DIVERSIDADE FAMILIAR E ACHEGAS PARA CONSTRUIR A IGUALDADE Martes 23 de novembro de 2021 HORARIO: 17:30- 18:30h para familias de primaria 19:00- 20:00h para familias de secundaria (a través da Plataforma Cisco Wbex) A cargo de Feitoría Verde Cooperativa 0W000 GALEGAS XUNTA GALICIA SecretariaX dal Igualdade DEESPAÑA MINISTERIO IGUALDAD Pacto Estado contraaviolenciadexénero 016"

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

 

Lembrade que a ASEMBLEA XERAL ORDINARIA terá lugar o vindeiro martes 16 DE NOVEMBRO, ás 17:30 h en primeira convocatoria e ás 18:00 h en segunda convocatoria, no salón de actos da escola, coa seguinte 

  

ORDE DO DÍA

 

1.    Aprobación, se procede, da acta anterior.

2.    Análise e aprobación, se procede, das contas correspondentes ao curso 2020-2021.

3.    Memoria de actividades do curso 2020-2021.

4.    Proposta de actividades curso 2021-2022 e orzamento.

5.    Análise xeral inicio do curso escolar.

6.    Ratificación do representante da ANPA na FEANPA.

7.    Preguntas e suxestións.

 


Agardamos contar coa vosa participación.

Escola de Familias Concello de Ferrol

 

O Concello de Ferrol abre o prazo de inscrición para o primeiro módulo da Escola de Familias, que abordará a prevención das adicións e os riscos das novas tecnoloxías.
 
✏️ Para quen? familias con fillos de entre 12 e 18 anos
📌 Onde? Edificio Social da rúa Sánchez Barcáiztegui.
⏰ Cando? os mércores 10, 17 e 24 de novembro e o 1, 15 e 22 de decembro en horario de 17 a 18.30 horas
As familias interesadas xa poden anotarse, antes do 5 de novembro, a través do correo electrónico prevencionasfedro@gmail.com indicando nome e apelidos, número de fillos e a súa idade, teléfono de contacto e dirección de correo. 
 
Ao longo de todo o curso escolar desenvolveranse outros dous módulos para pais/nais, un dedicado á educación na diversidade e outro sobre sexualidade. 
 

Información banco libros anpa

 

Ola!

Este ano a anpa poderá prestar libros de terceiro e cuarto curso de primaria.

O luns día 21 e o martes 22 de xuño, as nenas e nenos poden devolver os libros prestados a principio de curso deixándoos nunha caixa que haberá na entrada da escola.

Tamén podedes deixar alí calquera donación de libros de 3º e 4º curso que queirades facer.

Lembrade que para calquera cousa podedes escribirnos a: anpa.cruceirodecanido@gmail.com

En setembro enviaremos información para o préstamo de libros de 3ª e 4º.

 

Un saúdo