Elección representantes do Consello Escolar

Ola!
Mañá, martes 27 de novembro, terá lugar a votación para a elección de representantes do Consello Escolar.
Vótase na biblioteca no seguinte horario:
9:00-10:00
13:30-14:15
 16:00-17:00
 
A vosa participación na votación dos representantes do Consello Escolar é moi importante, xa que é o órgano colexiado de goberno e de participación do que disponemos os diferentes membros da comunidade educativa, e ten a importante misión de asumir a responsabilidade máxima do funcionamento do centro escolar.
Non vos esquezades! votar leva só un minutiño :)

CARNÉS DE SOCIO/A

A partir de mañá, venres 23, podedes pasar a recoller o carné de socio/a polo local da ANPA.
Lembrade que estamos no local no seguinte horario:
 
LUNS, de 9:05 (despois de que entren os nenos na escola) ata as 9:30 h
MÉRCORES, de 13:45 a 14:15 h
VENRES, de 9:05 (despois de que entren os nenos na escola) ata as 9:30 h

No blog tedes información sobre as empresas colaboradoras e os descontos. E seguimos a traballar para conseguir máis. Estade atentos/as!

Marcha ciclista e carreira popular 25/11

Bo día! 
Nestes tempos que vivimos, con moi pouco tempo libre, é importantísimo buscar o xeito de pasar tempo de calidade cos nosos fillos/as. Hoxe achegámosvos unha idea (gratuíta) para gozar en familia o próximo domingo. Animádevos a participar!

Marcha Ciclista Popular Concello de Ferrol 

Domingo, 25 de novembro de 2018 de 11:00 a 14:00
Saída e chegada na Praza de Armas.

Percorrido: A Magdalena, Catabois, Santa Mariña, Ensanche A, A Magdalena (10 km.). Ruta competa: www.clubciclistaferrol.es/recorridomarchas/3marcha.htm

Ao remate da marcha haberá sorteo de regalos
Todos/as os/as participantes deberán respetar as indicacións da organización.
É obrigatorio o uso do casco protector para a cabeza.

I Carreira Popular contra a violencia de xénero Concello Ferrol

Domingo, 25 de noviembre de 2018 de 11:00 a 13:00
INSCRICIÓNS: Ata o día Xoves 22 de novembro as 23:59 horas na páxina: www.carreirasgalegas.com

Haberá dúas opcións de participar:

A) Carreira (5Km): poderán participar todos aqueles deportistas nados no ano 2002 ou anteriores. Na carreira farase unha clasificación oficial e repartiranse premios entre os 3 primeiros e as 3 primeiras clasificadas.

B) Andaina (5Km): poderán participar todos aqueles deportistas que o desexen, non haberá clasificación nin tempos finais.

 Ao remate desta cita solidaria, haberá premios para os mellores e sorteos entre os participantes.

 

Convocatoria de axudas para familias Concello de Ferrol

Axudas para familias con nenos/as de 4 meses a 3 anos matriculados/as nalgún centro de atención primaria de Ferrol (escolas infantís e ludotecas).

A convocatoria foi publicada hoxe no BOP, polo que o prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar desde hoxe, xoves 15 de novembro.

Bases, convocatoria, documentación necesaria e Anexos: http://bit.ly/2Dm4Ene

Escola de saúde · Asfedro e Concello de Ferrol

Deixámosvos por aquí unha información que consideramos moi interesante. OLLO! O prazo para inscribirse acaba o VENRES 16 DE NOVEMBRO!