ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2018-2019


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2018-2019
Ferrol, 25 de abril de 2018.

As actividades extraescolares que se levarán a cabo no CEIP Cruceiro de Canido durante o curso
2018-2019 serán financiadas polo Concello de Ferrol e desenvolveranse en horario de 16 a 18 horas. Teñen un aforo mínimo de 10 alumnos e máximo de 20, excepto Percusión tradicional e Xardíns e semilleiros (15 máx). As actividades que non acaden o aforo mínimo non se levarán a cabo e aquelas que o superen presentarán lista de espera.

A asignación de actividades realizarase por orde alfabética da inicial do primeiro apelido do/da solicitante, segundo a letra seleccionada pola Xunta para a asignación de matrículas (ZT para o primeiro apelido e CJ para o segundo)

Asignaranse primeiro as actividades elixidas como primeira opción e, no caso de que queden prazas libres nesta primeira volta, asignaranse aos alumnos que a escolleran de segunda opción, dando prioridade sempre a aqueles alumnos que quedaran sen actividade.

Para solicitar actividades extraescolares haberá dúas opcións (preferible a online):
1. ONLINE


2. EN PAPEL, cubrindo a circular do cole, indicando as actividades en orde de prioridade.

Se escolledes a opción online e tedes algún problema, escribídenos a anpa.cruceirodecanido@gmail.com e trataremos de resolvelo.

- Entregade a solicitude online ou en secretaría ate o 15 de xuño. (Alumnado de novo ingreso, entregar coa matrícula).

AS SOLICITUDES SEN DATOS DE CONTACTO NON SERÁN ADMITIDAS (Teléfono ou e-mail). O email utilizarase exclusivamente para comunicacións relativas ás actividades.

MOI IMPORTANTE: A presentación desta solicitude implica o compromiso de participar na actividade en caso de ser asignada. A renuncia á actividade deberase realizar por e-mail a anpa.cruceirodecanido@gmail.com ou por escrito na Secretaría do Centro. No caso de non participar na actividade e non presentar a renuncia por escrito implicará quedar na lista de espera das actividades extraescolares no seguinte ano académico 2018-2019.

ACTIVIDADES OFERTADAS
INFANTIL
Hortos e semilleiros escolares (15 prazas): mércores
Xogos cooperativos (20 prazas): martes
Patinaxe (20 prazas): luns
Percusión tradicional (15 prazas): xoves

PRIMARIA
Hip Hop 1º, 2º e 3º (20 prazas): luns
Hip Hop 4º, 5º e 6º (20 prazas): xoves
Baile Moderno 1º, 2º e 3º(20 prazas): martes
Baile Moderno 4º, 5º e 6º (20 prazas): luns
Baloncesto (20 prazas): mércores
Patinaxe (20 prazas): xoves
Teatro (20 prazas): mércores