Servizo de atención temperá

Dende ASPANEPS (Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais) chega información sobre o programa de Atención Temperá que levan a cabo en convenio coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, a través de Política Social, baixo a financiación do FSE.

Trátase dun programa dirixido a nenos e nenas de 0 a 6 anos, ás súas familias e á contorna dentro dos concellos pertencentes á Mancomunidade (Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño). O obxectivo principal é dar resposta ás necesidades (transitorias ou permanentes) que poidan influir no desenvolvemento e benestar dos menores (dificuldades no ámbito psicomotor, cognitivo, da linguaxe e comunicación, autonomía, social e emocional,...), así como dar apoio, información, orientación, etc. ás familias e contorna.
Este programa é gratuito para as familias pertencentes á Mancomunidade.

Ningún comentario: