Horario extraordinario de apertura do local

Bo día:
 
De xeito extraordinario, imos a abrir o local do anpa para regularizar as cotas no seguinte horario:

NOVEMBRO:

MARTES DÍA 19 E MÉRCORES DÍA 20, DE 9:00 A 9:15
XOVES DÍA 21, DE 13:55 A 14:10

MARTES DÍA 26 E MÉRCORES DÍA 27, DE 9:00 A 9:15
XOVES DÍA 28, DE 13:55 A 14:10

Resumo da Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o pasado martes día 12:

Asistentes: 6 membros da xunta directiva da ANPA e 5 nais e pais.
  • Lectura e aprobación, por unanimidade, da acta anterior.
  • Puxemos a disposición dos asistentes o estado de contas da asociación. (Dispoñible para a súa consulta no local da anpa).
  • Decidimos dar por concluido o Proxecto Sirena; un proxecto no que traballamos durante catro anos, pero que se atopa nunha situación de bloqueo nos últimos cursos. Anteriormente, noutras asembleas, pediuse axuda para sacalo adiante, pero non se conseguiu ningún avance polo que decidimos suspendelo. Os cartos que levamos recaudados para este proxecto (2873 €) coa venda de camisetas e rifas para unha cesta) investiranse noutros proxectos no centro que están aínda por decidir e dos que se informará debidamente cando teñamos orzamentos.
  • Comentouse o estado das obras no centro. Os traballos van moi atrasados e as condicións meteorolóxicas tampouco permiten que se rematen os traballos no exterior (impermeabilización das fachadas, por exemplo). No interior están a comezar a reforma no edificio anexo (o da biblioteca). Dende a anpa seguimos a fiscalizar as obras, pasamos toda a información que nos enviades á dirección do centro para que estea ao tanto e esixa solucións ós responsables.
  • No punto de rogos e preguntas, algún dos asistentes falou de que a información da anpa non chega ás familias. Lembramos aquí que as nosas canles de comunicación son o correo electrónico (anpa.cruceirodecanido@gmail.com), a caixa de correo que temos fóra do local e o blog (https://anpa-cruceiro.blogspot.com/). Tentaremos enviar máis información por correo electrónico de agora en diante.
Saúdos!

Ningún comentario: