Bo día!
Chegounos esta información ao correo. Deixámola por aquí por se fose do voso interese:
"Estamos traballando nunha nova edición do programa Pequenos Fenómenos, para a TVG. (últimas edicións)
Así é! Buscamos nenos e nenas que sexan auténticos fenómenos da canción! É un concurso musical, polo que é moi importante que canten ben.
Para os tres fenómenos finalistas hai cadanseu premio en metálico, que irá destinado á ONG que o neno/a escolla.
Se coñecedes algún rapaz/a interesado, estariamos encantados de contar con el/a!
Poden poñerse en contacto connosco vía whatsapp ou chamando ao 619 691 577!
Para a selección precisamos un vídeo de whatsapp, co neno cantando sobre unha base musical. Importantísimo que inclúan nome, idade e procedencia. E que o manden ao longo desta semana ou da seguinte, canto antes, mellor!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario