Inicio do curso: horarios días 10 e 11 de setembro

Este ano o inicio do curso repártese en dos días. Premede aquí para consultar os horarios dos días 10 e 11 de setembro.

IMPORTANTE: Os que comezan o día 10 (xoves) non volven ata o día 14 (luns)

 

Para o día 10 de setembro hai convocada unha folga de profesorado. A escola garante servicios mínimos, pero queremos que saibades que existe a posibilidade de que levedes os nenos/as e que os teñades que levar de volta para a casa se falta o profesor ou profesora. Isto é porque, segundo o protocolo da escola, xa que é imposible manter as distancias de seguridade nas aulas, este ano haberá 19 grupos estables que non se poden mesturar. Polo tanto, se non hai profesores suficientes para eses grupos (debido a que se acollan ao seu dereito a folga), os rapaces non poderán quedar na escola. 

Aínda que dende a ANPA apoiamos a protesta do profesorado porque sabemos o único que esixen é que se garanta a seguridade de toda a comunidade educativa (con dotación económica, baixada de ratios, aumento de persoal docente, habilitación de locais municipais para a docencia no caso de que fora necesario, etc.), cremos que non é o momento máis acertado para unha folga.

Ningún comentario: