A Confederación de Anpas de Galicia amosa o seu malestar polos cambios no protocolo

 A Confederación de Anpas de Galicia analiza e amosa o seu rexeitamento a algúns dos cambios introducidos onte no protocolo da Xunta: premede AQUÍ para consultar o documento completo.

A modo de resumo, manifestamos a nosa oposición á:

  • exención da distancia de seguridade en infantil e primaria, e esiximos a modificación desa permisividade incomprensible.
    Os grupos de convivencia estábel non son tales máis que dentro do centro escolar, e iso son unhas poucas horas diarias; non serve de nada garantir a independencia deses grupos en todas as actividades que se realicen no centro educativo, se logo no comedor, no transporte ou ao saíren as crianzas se xuntan cos seus irmáns, amigos ou compañeiras doutras actividades.

  • tampouco se entende ben porqué temos 3 distancias diferentes segundo o momento: teremos 1,5 metros de separación entre persoas nos comedores escolares e ademais sentadas en oblicuo, 1,5 metros entre o centro das cadeiras nas aulas (que vensendo un metro de distancia entre persoas), e ningunha distancia no transporte escolar

  • minoración das limpezas obrigadas nos aseos, que pasan de tres nun protocolo feito en época de diminución de contaxios, a dúas no momento actual

  • carga económica suplementaria ás familias galegas: cando as instrucións fan referencia a que “será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio,así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor”, e logo, quen vai pagar esa máscara e ese estoxo?, máis aínda, quen vai pagar as máscaras todas?, non falamos dun gasto menor nin insignificante  

     

    Documento completo AQUÍ 

Ningún comentario: