A dirección do centro convocou onte os representantes da ANPA para
comunicar os acordos aos que chegou cos responsables da obra nunha reunión que
mantiveron o luns 16 de setembro e solicitounos que volos transmitamos. Son
estes:
- Considerando que o horario do centro é de 9 a 14 horas e o horario do comedor comeza ás 7:30 e remata ás 16:00, as obras que se realicen nese horario estarán perfectamente delimitadas e en ningún momento se realizarán traballos que produzan ruídos fortes ou molestias.
- O horario do recreo será de 11:30 a 12:00
- O horario da tarde, exceptuando os martes, poderá iniciarse dentro do centro a partir das 14:30. Evitarase que os alumnos poidan acceder dende o comedor ao edificio principal mediante cercado.
- Os martes pola tarde, o horario de titorías será de 16:00 a 17:00, a partir de ese horario non poderán acceder os pais /nais ao centro, e os profesores reuniranse na sala de profesores ou en orientación, para que os traballadores poidan continuar cos traballos dentro do centro.
- Evitaranse traballos cerca das zonas de acceso ao edificio na entrada e saída dos alumnos.
- A descarga de material farase a partir das catro da tarde, cando os alumnos abandonen o recinto.
- Os accesos habilitados para a entrada á escola son dous: Dr. Fleming (primaria, agás 1.º) e Cruceiro de Canido (infantil e 1.º).
- A empresa contratista deberá deixar as zonas de traballo, pola tarde, perfectamente limpas.
- En todas as aulas haberá iluminación e ventilación (polo menos dúas ventás libres).
-
A
medida que avance a obra iranse tomando acordos e decisións entre as partes
implicadas.
Pola súa banda, a ANPA comunicou a súa intención de seguir fiscalizando a
execución das obras e a observancia de todas as medidas de seguridade
acordadas. Reiterou a necesidade dun equipo de limpeza de apoio (tal e como se
solicitou hoxe no escrito presentado por rexistro á Xunta de Galicia) e estamos
pendentes da resposta do Concello á petición de que fagan un informe que
certifique o estado do centro (seguridade/salubridade).
Na asamblea posterior mantida cos pais e nais ás cinco da tarde no patio de
infantil, comunicáronse estes acordos. Por maioría, decidiuse levantar a folga e levar os nenos e nenas á escola o mércores 18. Agradecemos a todos os pais e nais o
apoio destes días porque grazas á presión exercida conxuntamente, como
colectivo, conseguiuse que dende o venres visitasen o centro o Xefe territorial
de educación e o inspector, que se incrementasen os traballos de limpeza e
recollida, e se reforzase a seguridade no exterior (cambiaron valos e cercados,
e limparon de restos de obra).
Adiantamos que é posible que se retrase o comezo das actividades
extraescolares, pero aínda non é unha decisión en firme. Comunicarase
debidamente cando saibamos a decisión do centro.
Tamén na aseamblea se recolleron peticións dos pais que se transmitirán á
dirección (por exemplo, que non lixen ou pinten durante os días de semana, que
reserven os traballos que poidan deixar o ambiente das aulas moi cargado para
as fins de semana).
Imos tamén facer a petición de xuntar aos irmáns que saian por portas
distintas nunha fila para que saian xuntos pola porta principal (Dr. Fleming).
Cando teñamos unha resposta da dirección, comunicarémola.
Está comprobado que xuntos somos máis fortes. Pedímosvos que nos fagades chegar
calquera inquedanza ou preocupación que teñades para buscar o xeito de
solucionala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario