Bo día:
Informámosvos de que o centro respondeu que non é
viable a petición de xuntar os irmáns nunha fila para que saian xuntos
pola mesma porta. Non dispoñen de medios para facelo e alegan, ademais,
que é unha situación temporal. Comentan que serán máis permisivos cos
horarios de entrada por ambas portas e que sempre haberá un profesor
agardando cos nenos e nenas por se a persoa que os recolle non chega a
tempo por vires da outra porta.
Ademais
onte recibimos o aviso de que os camións das obras estaban a entrar na
escola con material pesado antes da hora acordada. Demos conta da
incidencia e esperamos que non se repita, pero hai que seguir vixiantes.
Por
outra banda, a causa das obras non podemos abrir o local da anpa con
normalidade, así que, de momento, é preferible que para facervos
socios/as ou renovacións enviedes por correo electrónico o formulario
(no caso das novas altas) e o xustificante de pago da cuota (por
tranferencia bancaria). Máis adiante avisaremos de como faremos para
selar o carné.
Podedes atopar o formulario de inscrición neste blog, na columna dereita, ou premendo aquí.
Tamén podedes consultar neste blog a relación de empresas coas que a anpa ten convenio asinado e ofrecen descontos para os socios/as.
Ningún comentario:
Publicar un comentario