SESIÓNS PARA FAMILIAS

 Dende a ANPA estamos a organizar unha serie de charlas para dar resposta aos vosos comentarios, inquedanzas e suxestións. Esperamos que as atopedes interesantes e útiles. E que participedes moito!

Venres 4 de febreiro ás 16:00 h. MENORES E PANTALLAS: O GRAN RETO EDUCATIVO. 

  • A relación dos menores e as tecnoloxías na actualidade.
  • As idades de inicio nas "pantallas". 
  • Os usos problemáticos das tecnoloxías.
  • Existe o risco de adicción ás novas tecnoloxías? 
  • A sobreexposición nas redes sociais. 
  • A toxicidade das relacións nas redes sociais. 
  • Grooming, sexting e outros riscos.
  • Orientar, acompañar, supervisar.

Venres 4 de marzo ás 16:00 h. AS NORMAS E OS LÍMITES: HÁBITOS E RUTINAS.

  • Límites claros e xustos, traducidos en normas axeitadas a cada idade. 
  • Facilitar a convivencia familiar a través dun sistema de límites no fogar. 
  • A integración social de nenos e nadas adquirindo un esquema de conduta socialmente aceptable.
  •  Regular a convivencia familiar con hábitos e rutinas. 
  • O fomento da autonomía dos nenos e nenas. 
  • O hábito de estudo eficaz: a concentración e a motivación. 

Venres 1 de abril ás 16:00 h. ACOMPAÑAR NA XESTIÓN EMOCIONAL

  • A importancia das emocións na educación.
  • Que é a intelixencia emocional? 
 

As tres sesións son gratuítas e presenciais (no salón de actos-ximnasio da escola), pero é preciso apuntarse escribindo un correo a anpa.cruceirodecanido@gmail.com para que poidamos controlar o aforo e cumprir coa normativa contra a covid. 
O uso de máscara é obrigatorio en todo momento.
 
 
Encárgase das charlas a pedagoga Anabel Mosquera González. Profesional con experiencia en programas de prevención de condutas de risco no uso das tecnoloxías na infancia e adolescencia. 

Contamos coa vosa participación!







Ningún comentario: