Tras uns meses de ausencia obrigada por motivos persoais, retomamos a publicación no blog.
Durante estes meses continuamos a traballar canda a Federación Comarcal de Ferrolterra de ANPAs de Centros Públicos (FEANPA) para defender a elaboración de protocolos axeitados para garantir unha volta ás aulas segura para toda a comunidade educativa.
Publicaremos aquí a información que teñamos de agora en diante. Lembrade que sempre podedes contactar con nós no correo electrónico: anpa.cruceirodecanido@gmail.com
Onte, martes 25 de agosto, a FEANPA reuniuse co Concelleiro de Educación de Ferrol para falar da situación ante o inicio de curso. Expuxeron:
- Necesidade de convocar Consello Escolar Municipal, no cal estamos representadas todas as partes da comunidade educativa, para tomar acordos que poidan ser trasladados á Consellaría de Educación.
- Pedimos apoio público ás nosas demandas.
- Instar á Xunta a que se sente a negociar coa comunidade para xestionar como é debido este inicio de curso.
- Actividades extraescolares, pedimos que se garanta o servizo con total seguridade en todos os centros,
reforzando monitorado, hixiene, etc.
- Comedores, como
servizo complementario pero educativo que é, pedimos que se garanta con
total seguridade para todo o alumnado e en todos os centros, tamén
reforzando os recursos persoais e materiais necesarios.
- Mantemento e seguridade nos centros, explicamos a necesidade mellorar as infraestructuras
dos ceip da cidade.
- Limpeza dos centros, falamos da necesidade de reforzo durante a xornada lectiva.
- Poñer a disposición da Consellaría aqueles espazos que o Concello podería prestar para posibles desdobres, actividades, etc.
Aínda
compartindo practicamente a totalidade do que demandamos, trasládanos a
impotencia que sinten ante a descarga que fai a Consellaría nos
Concellos sen achegar absolutamente ningún recurso económico; ademais,
todo o tema da contratación de persoal parece tamén difícil, pois baixo o
amparo do estado de alarma podían ampliar contratos e demais, pero na
situación actual non.
Seguimos pendentes de saber que medidas van tomar definitivamente
dende o Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario