Xornada de Formación de ANPAS

A Confederación ANPAS GALEGAS está a organizar unha Xornada de Formación de ANPAS que terá lugar o próximo sábado, 6 de abril en Ferrol, no Ateneo, Rúa Magdalena 202-204.
Falarase de libros obrigatorios, de fiscalidade, seguros, problemas que compartimos, normativas, etc.durante a mañá, e logo pola tarde terá xa unha compoñenente diferente, cunha charla sobre a igualdade real, e unha actuación das poetas AldaoLado, para pechar con humor un día de traballo.

Se vos interesa podedes inscribirvos no correo fanpaferrolterra@gmail.com, ou chamando aos teléfonos 610 616 968 ou 600 699 293. Indicádenos se precisades utilizar a ludoteca que estará aberta de balde durante a xornada.
A programación pódese consultar premendo aquí.

Ningún comentario: