Marcha ciclista e carreira popular 25/11

Bo día! 
Nestes tempos que vivimos, con moi pouco tempo libre, é importantísimo buscar o xeito de pasar tempo de calidade cos nosos fillos/as. Hoxe achegámosvos unha idea (gratuíta) para gozar en familia o próximo domingo. Animádevos a participar!

Marcha Ciclista Popular Concello de Ferrol 

Domingo, 25 de novembro de 2018 de 11:00 a 14:00
Saída e chegada na Praza de Armas.

Percorrido: A Magdalena, Catabois, Santa Mariña, Ensanche A, A Magdalena (10 km.). Ruta competa: www.clubciclistaferrol.es/recorridomarchas/3marcha.htm

Ao remate da marcha haberá sorteo de regalos
Todos/as os/as participantes deberán respetar as indicacións da organización.
É obrigatorio o uso do casco protector para a cabeza.

I Carreira Popular contra a violencia de xénero Concello Ferrol

Domingo, 25 de noviembre de 2018 de 11:00 a 13:00
INSCRICIÓNS: Ata o día Xoves 22 de novembro as 23:59 horas na páxina: www.carreirasgalegas.com

Haberá dúas opcións de participar:

A) Carreira (5Km): poderán participar todos aqueles deportistas nados no ano 2002 ou anteriores. Na carreira farase unha clasificación oficial e repartiranse premios entre os 3 primeiros e as 3 primeiras clasificadas.

B) Andaina (5Km): poderán participar todos aqueles deportistas que o desexen, non haberá clasificación nin tempos finais.

 Ao remate desta cita solidaria, haberá premios para os mellores e sorteos entre os participantes.

 

Ningún comentario: