Entrega de libros do banco solidario da ANPA


Os vindeiros días 3 e 4 de setembro, en horario de 09:30 a 11:30 h (coincidindo coa entrega de libros do cole) repartiremos no local da ANPA os libros que recollemos do noso banco solidario.

O día 3 deberán acudir aquelas nais e pais que recibiran 4 libros do banco de libros da Xunta, e tentaremos completar os que lles falten cos que temos nós.

O día 4 repartiremos os libros que queden do día anterior, por estrita orde de chegada, e estará aberto a todo o alumnado do centro.

Ningún comentario: