Consello Escolar


Estimados pais e nais:

O vindeiro día 29 de novembro farase a elección do consello escolar , que é o órgano de participación do que disponemos os diferentes sectores da comunidade educativa.

No noso caso a representación dos país/nais e de 5 membros , neste curso corresponde a renovación dun so membro , e a día de hoxe non hai ningunha solicitude para ocupar esa praza.

Solicitamos un poco de compromiso e participación nun órgano tan importante e necesario como é o Consello Escolar.

Por favor acheguense á Secretaría do centro a entregar a súa solicitude e importante.

Dada a importancia do consello escolar imos participar como candidatos ou ben como electores neste proceso.

A deixadez non é boa para ninguén.

Un saúdo a Xunta Directiva do Ceip Cruceiro de Canido

--
___________________________________________
Representantes da ANPA do Cruceiro de Canido (Ferrol)


**De conformidade ao disposto na O 15/1999 de Datos de Carácter persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal recollidos neste documento forman parte dun fichero, propiedade da ANPA CRUCEIRO DE CANIDO, cuxa finalidade é atender a xestión solicitada. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, segundo o disposto na lei, poñéndose en contacto con nós no enderezo electrónico anpa.cruceirodecanido@gmail.com.

Agradécese a difusión desta mensaxe a tódolos posibles interesados.

Ningún comentario: