Fwd: Asamblea Anpa




Ola  estimados país e nais

Antes que nada gostariame dicir que a directiva comenza o curso con moitas ganas de facer cousas e de que as cousas melloren. A Asamblea que tivo lugar o  29 de setembro  foi unha grande decepción. Nun colegio de 450 alumnos e increíble e triste que acudan 6 persoas á primera asamblea do curso. Tan só fanse dúas asambleas o longo do ano a non ser que surxa algo importante no transcurrir do curso . A primera fase para falar dos proxectos cara o vindeiro ano, para falar das inquedanzas dos país, para facer unha posta en común .. Se credes que non è necesaria a vosa participación nestas asambleas, gustaríamos que cambiárades a vosa opinión. De todos xeitos seguiremos a traballar.

Pese a que a asistencia foi moi moi baixa, sacamos cousas moi positivas e moitas gañas de facer cousas e traballar conxuntamente.

Faremos un resumo do acontecido na Asamblea.

-Resumo económico do tesoreiro e cambio na representación da tesourería.

- Exposición da problemática dos libros de 3° e 5° e explicacións das alegacións e protestas realizadas e postas en marcha.

-Explicación dos problemas acontecidos nas actividades extraescolares e normas.

*Este curso non se poderá levar merendar só auga

*As faltas xustificaránse (non fai falta papéis oficiáis)

*4 faltas sen xustificación son causa de baixa e imposibilita a entrada no sorteo o vindeiro curso

* A hora de saida son as 18:00h non antes

* As renuncias mandaránse por escrito ó correo da Anpa.

-Resumo dos proxectos realizados o derradeiro ano  e novos proxectos a poñer en marcha este ano .

-Rogos e preguntas

Compre destacar que a Anpa este curso vai levar a cabo varios proxectos para conseguir un obxetivo máis grande . A intención é dotar ó colexio dunha mellora exponencial , trátase de cambiar a serea por música e colocar todo o que e necesario para isto. Adxunto o proxecto serea para a vosa información.

Para iso faremos varias actividades e proxectos que nos axuden a recadar os cartos necesarios .

Un destes proxectos será a elaboración dunhas camisetas do colexio que a súa vez farán que todos sintámonos membros dunha mesma comunidade e acheguémonos máis o noso barrio ,Canido.  Por iso temos un diseño moi pensado para que isto se vexa reflexado.

Na Asamblea sairon moitas mais ideas que iremos achegando.

Esperamos que a vosa participación aumente e xuntos consigamos grandes cousas.

Un saúdo

A Anpa do CEIP Cruceiro de Canido




--
___________________________________________
Representantes da ANPA do Cruceiro de Canido (Ferrol)


**De conformidade ao disposto na O 15/1999 de Datos de Carácter persoal, informámoslle que os datos de carácter persoal recollidos neste documento forman parte dun fichero, propiedade da ANPA CRUCEIRO DE CANIDO, cuxa finalidade é atender a xestión solicitada. Vostede poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, segundo o disposto na lei, poñéndose en contacto con nós no enderezo electrónico anpa.cruceirodecanido@gmail.com.

Agradécese a difusión desta mensaxe a tódolos posibles interesados.

Ningún comentario: