O libro do Certame Literario

Como sabedes, a anterior directiva da ANPA fixo un estupendo traballo poñendo a andar o Certame Literario que neste mes de abril cumpre xa 5 anos.

Para celebralo, editouse un libro que contén grande parte dos traballos, tanto relatos coma debuxos, presentados polo alumnado nos anos anteriores.

Un exemplar deste libro será entregado a cada unha das aulas e tamén á biblioteca, para que os nenos e nenas poidan desfrutar del e ver refrexado e valorado o seu traballo.

Como somos sabedores de que gran parte do alumnado participante nos anteriores certames estará interesado en facerse cun exemplar, deixamos unha mostra á vosa disposición na Secretaría do Centro, para que fagades unha reserva. Podedes facela alí ou enviarnos un correo electrónico a anpa.cruceirodecanido@gmail.com indicando:
- Nome do pai/nai
- Teléfono ou mail de contacto
- Nº de copias.

O prezo final dependerá do número de copias totáis que se fagan.

Manterémosvos informados.

Ningún comentario: